Vila de Cruces

Fundación Xosé Neira Vilas

Desta Terra
Auga pedra, sol e vento,
aquí a ledicia é tanta
que todo rebule e canta
e o Ulla vaise contento.
Teño nesta terra asento
e un sentimento profundo,
un amor vivo e rotundo
polo val onde nacín,
levo a Gres dentro de min,
son deste anaco do mundo.

Xosé Neira Vilas

Homenaxe a Xosé Neira Vilas
o escritor na súa terra.
Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)
Gres- Vila de Cruces
18 de setembro de 1990

 

Concello, Comarca ou Provincia

Ponte Ledesma

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

36587 Vila de Cruces (Pontevedra)

  • Ponte Ledesma, en Vila de Cruces. Ponte construída en 1574 que atravesa o río Ulla, na parroquia de Gres. Ten nove arcos de perpiaño granítico, con doelas regulares ao igual que os tímpanos, aínda que carecen de imposta na transición co peitoril, por desaparecer posiblemente durante unha reconstrución posterior. As bóvedas ápoianse sobre piares tamén de cadeirado, con tallamares triangulares augas arriba e trapezoidais augas abaixo, coroados por pináculos piramidais. Reformada no século XIX.

Concello, Comarca ou Provincia