Mañón

Faro Punta do Santo

Mañón, A Coruña

A ría do Barqueiro / O Vicedo divide as provincias da Coruña e Lugo. O primeiro grande faro que atopamos na provincia da Coruña é o de Estaca de Bares, pero antes está este pequeño faro na Punta do Santo en plena ría. Desde este enclave divísase en fronte o pobo do Vicedo e as praias do Vidreiro e Caolín.

Concello, Comarca ou Provincia

Ruínas da base americana de LORAN

 

 https://gl.wikipedia.org/wiki/Estaca_de_Bares

 

Instalación dos Gardacostas dos Estados Unidos ao comezo dos anos 60, como unha base LORAN (do inglésLong Range Aid to Navigation). A estación de Estaca de Bares operaba conxuntamente coas estacións do Goberno británico en East Blockhouse, Gales e, ata 1973, do Goberno francés en Porspoder, Francia.

En 1978, tras a finalización das operacións LORAN dos gardacostas, a Forza Aérea dos Estados Unidos asumiu o control da base. A base funcionou como unha estación de comunicacións ata 1991. Na actualidade, estas instalacións están en ruínas.[7]

 

O sistema LORAN (LOng RAnge Navigation) é un sistema electrónico de navegación de longo alcance por radio que utiliza o intervalo entre a recepción do sinal transmitido desde tres ou máis puntos para determinar unha posición. Foi desenvolvido durante a segunda guerra mundial, como axuda á navegación da aviación aliada e dos convois do Atlántico Norte.

https://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/reportaje-estacion-americana-bares/20170408210713328640.html

Concello, Comarca ou Provincia