Vigo

Monumento ao Traballo

Os mariñeiros de Ramón Conde na Gran Vía

 

O Monumento ao traballo é o gran monumento de Vigo: fala do seu orgullo como cidade industrial, da súa xente traballadora, do seu vínculo co mar… A escultura de Os Redeiros, como se coñece comunmente, é unha dos nosos sinais de identidade. Esta obra de Ramón Conde, é un dos monumentos máis rechamantes de Vigo, tanto polo seu tamaño como pola representación épica dos 7 mariñeiros que tiran dunha rede para sacar os peixes do mar.

Instalada a comezo da Gran Vía, unha das principais rúas da cidade, este gran monumento vigués rende homenaxe ás duras vidas dos traballadores do mar desde os seus 8,50 m de alto e os seus 3 m de longo.

 

Concello, Comarca ou Provincia

Monumento do Bicentenario

Na Rotonda e Praza do Bicentenario. Concello de Vigo

O Monumento do Bicentenario é unha das máis recentes esculturas que pasou a formar parte do Vigo Monumental, un símbolo que conmemora o Bicentenario do nacemento de Vigo como cidade tras a expulsión dos franceses na Reconquista.

Trátase dunha obra do escultor Silverio Rivas, que cos seus 5 m de altura en aceiro representa  unha simbiose  entre os símbolos do escudo de Vigo —a torre e a oliveira— e a  realidade actual do municipio. Así, cada folla da oliveira representa unha  das parroquias do municipio. Enriba da árbore, a modo de  coroa, represéntase o mapa completo de  Vigo.

Concello, Comarca ou Provincia